A trata de escravos no século XVIII

Le as páxinas do teu libro sobre o papel que desempeñou o comercio colonial nos cambios económicos de Europa e a continuación realiza os seguintes exercicios:

No comercio colonial do século XVIII, a trata de escravos negros era unha actividade fundamental. Iniciada no século XVI, chegou a súa máxima expansión no século XVIII. Imos coñecer esta realidade vergoñenta, as razóns da súa existencia e o sufrimento que lles ocasionou a millóns de persoas.

Para iso, consulta o Memorial da abolición da escravitude de Nantes en:

www.tiching.com/732729

Realiza os seguintes exercicios

sobre a trata de escravos no século XVIII

a) No apartado O memorial, consulta o epígrafe "Nantes fronte a súa historia".

  • Qué relación tiña Nantes co problema da trata de escravos negros?
  • Que sucedeu con este feito durante moito tempo?
  • Cando e por que se recuperou a memoria histórica?
  • Que se fai desde entón?

b) Consulta o apartado "Escravitude e loita pola liberdade»:

  • Define os termos escravitude e trata e os diferentes tipos de trata negreira.
  • Cando se iniciou a trata negreira no Atlántico? Con que obxectivo? Que beneficios daba? Cando se produciu o apoxeo desta trata? A cantas persoas afectou?
  • Cales eran os principais países que realizaban o tráfico de escravos? Que portos foron importantes?
  • A escravitude e a trata de escravos seguen existindo na actualidade?

c) Le en www.tiching.com/732730 dous testemuños relacionados coa trata de escravos do século XVIII.

  • Le o testemuño do nixeriano Olaudah Equiano na páxina 12. Describe a súa captura e travesía. Como se sente ao ser arrincado da súa terra? Como o tratan? Por que prefire a morte? Que sentimentos che produce esta lectura?
  • Le o testemuño de Mary Prince, na páxina 22. Analiza o trato que reciben os escravos e o seu sufrimento. Como intenta ser libre? Por que lle negan a liberdade? Describe o seu alegato en favor da liberdade.

d) Reflexiona sobre esta frase de Rousseau: Estas palabras, escravitude e dereito contradinse, exclúense mutuamente.

  • Entra en www.tiching.com/732731 sobre a trata atlántica e analiza a posición dos pensadores ilustrados ao respecto.
© 2016 Departamento de Xeografía e Historia - IES "Isaac Díaz Pardo" - Sada (A Coruña)
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar