A vida na retagarda

Efectos dos bombardeos alemáns sobre Londres
Efectos dos bombardeos alemáns sobre Londres



Imos coñecer o día a día da retagarda, isto é, da poboación que non combate pero sofre os efectos da guerra.

a) Os bombardeos. Consulta a información dos seguintes enlaces e responde as cuestións: 

  1. En que contexto se produciu o bombardeo de Londres (batalla de Inglaterra)? Que características tivo? Canto durou? Que se destruiu? Como actuaron os voluntarios civís?
  2. Valora os efectos do terror e as dificultades da vida cotiá como efecto dos bombardeos.



Experimenta os bombardeos aéreos sobre Londres en 360 VR

b) A contribución das mulleres á guerra. Consulta o seguinte enlace e responde as cuestións que se plantexan:

  1. Elabora unha breve recensión sobre o papel das mulleres estadounidenses no traballo fabril e valora que cambios de mentalidade sobre a función tradicional da muller se produciron. Continuou este cambio despois da guerra?
  2. Como se incorporou a muller ao exército estadounidense? Que actividades exerceu?
Cartel de propaganda estadounidense, 1942
Cartel de propaganda estadounidense, 1942

c) O sufrimento da poboación civil. Consulta os seguintes enlaces e responde as cuestións:

  1. Que represalias tomaban os nazis contra a poboación se había accións guerrilleiras? Que cres que buscaban castigando os civís?
  2. Que significou para a poboación civil a política de "terra queimada" dos soviéticos?
  3. Que lembranzas conserva a poboación rusa da ocupación nazi?
  4. En que aspectos a guerra puido afectar a vida cotiá da poboación civil?
© 2016 Departamento de Xeografía e Historia - IES "Isaac Díaz Pardo" - Sada (A Coruña)
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar