Tarefas do libro de texto

1. Analiza os gráficos

  1. Descrición. Identifica o tema, as unidades en que se mide, as variables que aparecen e a cronoloxía.
  2. Análise. Que situación teñan os diferentes países en 1870? Compara este gráfico co da produción mundial en 1913 (apartado 1). Que países perderan peso na economía individual en 1913? Cales gañaran protagonismo?
  3. Contexto histórico. Explica as causas da perda da hexemonía mundial do Reino Unido. Relaciónaas cos cambios económicos derivados da Segunda Revolución Industrial.


2. Compara os textos

As nosas deducións xerais son as seguintes:

  1. Hai razóns tan boas para clasificar o negro como unha especie diferente do europeo, tantas como as hai para distinguir un asno dunha cebra (...).
  2. As analoxías entre os negros e os monos son moito máis que entre os monos e os europeos.
  3. O negro é inferior intelectualmente ao europeo.
  4. O negro vólvese máis humano na súa natural subordinación ao home europeo que baixo calquera outra circunstancia.
  5. O negro tan só pode ser humanizado e civilizado polos europeos.

James Hunt: O lugar do negro na natureza. Sociedade Antropolóxica de Londres, 1863.


Razas superiores! Razas inferiores! Dise axiña. Pola miña parte, opóñome completamente a esta afirmación desde que vin que os sabios alemáns demostraban cientificamente que Francia debía ser vencida na guerra contra Alemaña porque a francesa é unha raza inferior á alemá.

(...) A conquista que vós defendedes é o abuso puro e ximple da forza que dá a civilización científica sobre as civilizacións rudimentarias para apropiarse do ser humano, torturalo e extraerlle toda a súa forza en proveito do pretendido civilizador.

Discurso de Georges Clemenceau na Cámara de Deputados francesa, 1885

  1. Presentación. Identifica o tipo de texto, quen son os seus autores e en que época foron escritos.
  2. Análise. Ponlle un título a cada texto e sintetiza as ideas que defende cada un. Que argumentos se utilizan en cada caso?
  3. Contexto histórico. Relaciona cada un dos textos expostos cos argumentos que xustificaban ou criticaban a expansión colonial.
  4. Valoración persoal. Cres que na actualidade existen posicións racistas como a que amosa o texto? En que se basean e como as xustifican os que as defenden? Busca argumentos para rebatelas.

3. Cecil Rhodes (1853 - 1902)

O "coloso de Rhodes", caricatura da revista británica Punch, 1892
O "coloso de Rhodes", caricatura da revista británica Punch, 1892

Cecil Rhodes foi un empresario e colonizador británico que desempeñou un papel importante na colonización do Cono Sur de África. Busca información na Internet para realizares as seguintes actividades:

a) Escribe unha pequena biografía que destaque a súa participación no proxecto colonial británico. Ten en conta os seguintes aspectos:

  • Orixes e chegada a África.
  • A explotación das minas de diamantes e a fundación dunha compañía mineira.
  • O proxecto de ferrocarril da Cidade do Cabo ao Cairo.
  • A participación na guerra dos bóeres.
  • A creación de Rodesia.
  • A súa concepción de como se debían explotar e administrar as colonias.

b) Valora en que medida Cecil Rhodes representa o espírito colonial británico.

c) Observa a ilustración, identifica a que episodio da súa vida fai referencia e explica que visión do personaxe presenta. Paréceche que é favorable ou crítica?

4. O imperio español en África

Aínda que España chegou tarde á repartición colonial de África, obtivo algúns territorios que quedaron baixo a súa administración.

  1. Busca na Internet cales foron as colonias de España en África e sitúaas nun mapa.
  2. Explica cando e como España obtivo a soberanía d ecada uno deles.
  3. Cando acadaron a independencia estas colonias españolas? De que Estado forman parte actualmente ou que nos Estados constitutiron?
© 2016 Departamento de Xeografía e Historia - IES "Isaac Díaz Pardo" - Sada (A Coruña)
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar