Tarefas do libro de texto

1. As revolucións liberais en Europa (1815-1848)


Observa o mapa da esquerda e responde as cuestións:

  • Cales foron as diferentes etapas da difusión das ideas liberais en Europa?
  • A que países afectaron?

2. Técnicas de estudo

Completa un cadro sinóptico

Compara diferentes aspectos da sociedade do Antigo Réxime e os cambios introducidos pola Revolución francesa:

3. Verdi e o nacionalismo italiano

O músico Giuseppe Verdi foi unha das personalidades que apoiou o movemento de unificación italiana e se converteu nun símbolo desta. Consulta as páxinas web:

  • Quen era Verdi? Explica de xeito breve a súa vida e a súa obra. Cal foi a súa relación co Risorgimento italiano? Que posición mantivo respecto da unificación de Italia?
  • A que corrente ideolóxica era próximo Verdi nun principio? Cando se situou próximo á monarquía piemontesa? Que significou en Italia o Viva V.E.R.D.I.?
  • Que importancia tivo a súa obra Nabucco? Cal era o seu argumento? Como se identificaron os italianos con esta peza? Que representaba o coro dos escravos de Va, pensiero?
  • Ten vixencia ese himno na actualidade? En que se converteu?
© 2016 Departamento de Xeografía e Historia - IES "Isaac Díaz Pardo" - Sada (A Coruña)
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar