A guerra do coltán

(1998-2003)

Desde a súa descolonización, a República Democrática do Congo viuse sumida en sanguentos enfrontamentos civís que se manteñen ata os nosos días. Segundo a ONU, unha das orixes da guerra foi a posesión e mais a explotación da minas dun mineral de grande interese económico e estratéxico para as telecomunicacións: o coltán. Apreciouse que ao redor do 80% das reservas mundiais de coltán se atopan no Congo, concretamente na rexión de Kivu. 

  • Visualiza os seguintes documentais sobre a guerra do Congo e a súa relacións coas riquezas minerais. A continuación responde as preguntas que atoparás abaixo.

Coltán: comercio sangriento

Minerales de guerra

La guerra del coltán

En tierra hostil: coltán

  • O coltán. Explica que é o coltán, cal é a súa utilización, por que aumentou moito a súa demanda nas últimas décadas e que son os seus principais compradores.O coltán. Explica que é o coltán, cal é a súa utilización, por que aumentou moito a súa demanda nas últimas décadas e que son os seus principais compradores.
  • As explotacións mineiras. Como se explota este mineral no Congo? En que condicións? Como se recruta os mineiros?
  • Os señores da guerra. Qué vínculos podes establecer entre a explotación do coltán e outros minerais e a constante violencia no Congo? Quen son os señores da guerra? Que papel teñen no conflito?
  • As consecuencias para a poboación. Como sofre a poboación civil as consecuencias deste conflito? Explica en que consiste a violencia incontrolada, os masacres de poboación, os nenos-soldado, a violencia contra as mulleres, os refuxiados en campamentos... Xustifica por que algúns analistas cualifican a guerra do Congo como xenocidio "high-tech".
  • A intervención da ONU. Cal é a posición da comunidade internacional sobre este conflito? Que papel desempeña a ONU para intentar poñerlle fin ao conflito?
© 2016 Departamento de Xeografía e Historia - IES "Isaac Díaz Pardo" - Sada (A Coruña)
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar