Que Estados dominaban a escena internacional entre 1870 e 1914?

Entre 1870 e 1914 unha serie de Estados dominaban a escena internacional. Gran parte deles eran europeos e presentaban sistemas políticos variados. Algúns países (Francia, Gran Bretaña) protagonizaran cambios políticos nas décadas anteriores e asentaran o liberalismo, implantando novos dereitos e democratizando o sistema.

Noutros (Alemaña, Imperio austríaco) as reformas eran máis lentas, pero mentres en Alemaña se avanzaba na democratización do sistema político, aínda que mantendo o poder imperial, en Austria-Hungría eses cambios foron menos importantes e en Rusia case inexistentes.

Por último, fóra de Europa, nacións os os EUA e Xapón realizaron procesos internos que os levaron a converterse, no século XX, en grandes potencias.

Estados liberais

GRAN BRETAÑA

FRANCIA

ALEMAÑA

  • Monarquía liberal parlamentaria: raíña Vitoria I.
  • Ampliación do voto e democratización do sistema político británico.
  • Ampliación dos dereitos sociais.

Sociedade vitoriana

  • Expresión do orgullo da nación máis poderosa polo seu Imperio e a súa industria.
  • Valores relixiosos, puritanos, tradicionais e conservadores.

  • II Imperio (Luís Napoleón). Sistema político autoritario e política exterior agresiva.
  • Derrota na guerra francoprusiana. Perda de Alsacia e Lorena. Proclamación da III República.
  • República democrática: sufraxio universal masculino, separación de poderes, liberdade de opinión, etc.
  • Escola obrigatoria e gratuíta, separación da Igrexa e do Estado.
  • Problemas coa dereita conservadora e co movemento obreiro socialista.
  • Sistema político entre o autoritarismo e o liberalismo: sufraxio masculino pero cun forte poder do emperador alemán.
  • Leis sociais avanzadas.
  • Gran potencial industrial con importantes empresas e apoio da banca e do Estado.
  • Política nacionalista e expansionista moi agresiva coa pretensión de dominar Europa.

Imperios tradicionais

Autoritario:

AUSTRIA - HUNGRÍA

Autocrático:

IMPERIO RUSO

  • Imperio dual. Reformas.
  • Crecemento económico en Austria.
  • Problema coas nacionalidades e aspiracións sobre os eslavos.
  • Imperio inmenso e complexo.
  • O imperio máis autoritario de Europa (autocracia tsarista).
  • Enorme poder da nobreza. Mantemento da servidume ata o ano 1866.
  • Inexistencia de sólidos grupos liberais e radicalización revolucionaria.

Potencias extraeuropeas

ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA

XAPÓN

  • Construción dos EUA. Emigración europea.
  • Expansión cara ao oeste. Destrución das tribos indias.
  • Guerra civil: entre o norte industrial e antiescravista e o sur agrícola agrícola, exportador e escravista.
  • Triunfo do modelo "ianqui". Industrialización e abolicionismo.

  • Época Meixi.
  • Modernización económica. Industrialización, intervención do Estado e formación de grandes grupos empresariais.
  • Mantemento do sistema imperial con escasas reformas políticas.


© 2016 Departamento de Xeografía e Historia - IES "Isaac Díaz Pardo" - Sada (A Coruña)
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar