A guerra do coltán
(1998-2003)

Desde a súa descolonización, a República Democrática do Congo viuse sumida en sanguentos enfrontamentos civís que se manteñen ata os nosos días. Segundo a ONU, unha das orixes da guerra foi a posesión e mais a explotación da minas dun mineral de grande interese económico e estratéxico para as telecomunicacións: o coltán. Apreciouse que ao redor do 80% das reservas mundiais de coltán se atopan no Congo, concretamente na rexión de Kivu.
- Visualiza os seguintes documentais sobre a guerra do Congo e a súa relacións coas riquezas minerais. A continuación responde as preguntas que atoparás abaixo.
Coltán: comercio sangriento
Minerales de guerra
La guerra del coltán
En tierra hostil: coltán

- O coltán. Explica que é o coltán, cal é a súa utilización, por que aumentou moito a súa demanda nas últimas décadas e que son os seus principais compradores.O coltán. Explica que é o coltán, cal é a súa utilización, por que aumentou moito a súa demanda nas últimas décadas e que son os seus principais compradores.
- As explotacións mineiras. Como se explota este mineral no Congo? En que condicións? Como se recruta os mineiros?
- Os señores da guerra. Qué vínculos podes establecer entre a explotación do coltán e outros minerais e a constante violencia no Congo? Quen son os señores da guerra? Que papel teñen no conflito?
- As consecuencias para a poboación. Como sofre a poboación civil as consecuencias deste conflito? Explica en que consiste a violencia incontrolada, os masacres de poboación, os nenos-soldado, a violencia contra as mulleres, os refuxiados en campamentos... Xustifica por que algúns analistas cualifican a guerra do Congo como xenocidio "high-tech".
- A intervención da ONU. Cal é a posición da comunidade internacional sobre este conflito? Que papel desempeña a ONU para intentar poñerlle fin ao conflito?