Israel e Palestina
A creación do Estado de Israel e a cuestión palestina

En novembro de 1947, unha resolución da ONU propuxo a partición de Palestina baixo mandato británico en dous Estados, un xudeu, co 30% da poboación e o 55% do territorio, e outro palestino. En 1948 rematou o mandato británico e Ben Gurión proclamou o Estado de Israel.
Como consecuencia disto, milleiros de palestinos musulmáns abandonaron a zona e fuxiron a Xordania, Líbano e Exipto, onde constituíron campamentos de refuxiados, cuxa existencia se prolonga ata a actualidade.
O novo Estado hebreo-xudeu non foi recoñecido nin polos palestinos nin polos países musulmáns da zona (Exipto, Siria, Xordania, Arabia Saudí, Iraq, Líbano e Iemen), por que consideraban que este territorio lles pertencía.
Aquel mesmo ano estalou a primeira guerra árabe-israelí (1948-1949), que foi seguida por tres máis, en 1956, 1967 e 1973. Os enfrontamentos finalizaron coa vitoria israelí, e ao longo deste proceso Israel ampliou de xeito paulatino o seu territorio a conta da zona palestina que, na práctica, nunca chegou a constituír un Estado independente.
A resolución internacional de crear un Estado xudeu intentou solucionar un problema, pero xerou outro, que deu lugar a un interminable conflito que se mantén vixente nos nosos días.

Antecedentes. As orixes do conflito.
A diáspora. A dispersión dos xudeus por Europa remóntase ás expulsión decretadas polo Imperio romano (70 e 135 d.C.) Moitos xudeus tiveron que abandonar Xudea-Palestina, espalláronse polo Imperio romano e, posteriormente, polo mundo.
O sionismo. Movemento político promovido por Teodhor Hertz a finais do século XIX, que afirma que os xudeus constitúen un pobo con dereito a dispoñer dun Estado propio situado no territorio histórico dos xudeus, a "terra prometida" por Yahvé. A súa intención era fomentar a migración xudía a Palestina, un territorio islamizado no século VII d.C., pero no que se mantiñan comunidades xudías.
A Declaración Balfour. Documento elaborado en 1917 polo goberno británico a prol da creación dun fogar para os xuedus en Palestina, que se atopaba baixo o seu mandato. Esta declaración abriulle paso a unha masiva inmigración de xudeus cara a Palestina.
"O goberno da Súa Maxestade contempla favorablemente o establecemento en Palestina dun fogar nacional para o pobo xudeu (...) quedando ben entendido que non se fará nada que perxudique os dereitos civís e relixiosos das comunidades non xudías existentes en Palestina nin os dereitos e o estatuto político de que gocen os xudeus en calquera outro país."
Declaración de Arthur Balfour, membro do Foreign Office, 1917
A creación do Estado de Israel


O barco Exodus trasladou en xullo de 1947 a cantidade de 4500 xudeus a Palestina. Os británicos para conservaren a amizade cos países árabes, impediron o seu desembarco.
Israel é o lugar onde naceu o pobo xudeu (...). Foi alí onde se escribiu a Biblia e se doou ao mundo enteiro. Exiliado de Terra Santa, o pobo xudeu permaneceu fiel a el ao longo de toda a diáspora e nunca deixou de rogar polo retorno (...). O masacre de seis millóns de xudus en Europa demostrou a urxencia dunha solución para este pobo sen patria e o restablecemento dun Estado xudeu (...).
Proclama do Estado de Israel por Ben Gurion, Tel Aviv, 14 de maio de 1948
A cuestión palestina
Artigo 15. A liberación de Palestina é unha obriga nacional para os árabes. A súa obriga é rexeitar a invasión sionista e imperialista na gran patria árabe (...).
Artigo 19. A partición de Palestina, en 1947, e a creación de Israel non teñen ningunha validez, (...) xa que son contrarias á vontade do pobo palestino e ao dereito natural sobre a súa patria. Tamén son contrarias a carta da ONU no que concirne ao dereito de autodeterminación.
Carta da OLP, 1967

- Explica as circunstancias que levaron á creación do Estado de Israel e os seus antecedentes históricos.
- Como se realizou a partición do territorio de Palestina en 1947? Que Estados repartiron entre eles o territorio palestino despois da primeira guerra árabe-israelí?
- Que novos territorios incorporou Israel tras a chamada guerra dos Seis Días (1967)? Que se acordou en Camp David e en Washington?
- En que situación quedaron os palestinos a partir de 1949? Explica o que é a OLP e cales eran os seus obxectivos fundacionais.
50º ANIVERSARIO
OCUPACIÓN DE PALESTINA
EL PAÍS - 50 aniversario Ocupación de Palestina
Medio siglo después del conflicto entre Israel y cuatro países árabes que cambió los mapas de Oriente Próximo, cinco millones de palestinos sufren aún las consecuencias de la ocupación israelí y otros tantos son considerados refugiados por la ONU. El Estado hebreo ha colonizado con 600.000 judíos asentamientos en Cisjordania y Jerusalén Este. Los palestinos nunca han renunciado a un Estado.