Tarefas do libro de texto
A Comuna de París

A Comuna de París de 1871 marcou un fito na historia do movemento obreiro. Visualiza un documental sobre estes feitos na páxina web
https://es.tiching.com/link/732779
e responde as seguintes preguntas:
- Cando, como e por que se proclamou a Comuna? Por que se falou da Comuna como o primeiro goberno proletario? Cales foron as súas accións máis importantes?
- Cal foi a reacción da burguesía e do goberno franceses fronte ao conflicto? Que actitude tomou Bismarck? Como se defenderon os traballadores parisienses? Que papel tiveron as mulleres?
- Como rematou a Comuna? Por que se converteu nun símbolo de loita popular e obreira?
- Observa a imaxe da páxina 87 do teu libro e localiza a bandeira vermella. Cal é a sús simboloxía? Busca na Rede as súas orixes e explícaas.
- Valora desde que posición ideolóxica foi realizado o documental.
