A dominación europea do mundo (1870-1914)
A creación de imperios coloniais significou a culminación da dominación europea do mundo?

Entre 1870 e 1914 unha vaga de innovacións científicas e tecnolóxicas transformou a economía e mais a sociedade europeas por medio da chamada Segunda Revolución Industrial. O ascenso de Francia, Alemaña e os Estados Unidos moderou a supremacía de Gran Bretaña como principal potencia económica mundial.
Ao mesmo tempo, e aproveitando a súa superioridade económica, técnica e militar, Europa lanzouse á conquista de extansos territorios. A revolución das comunicacións fixo posible que espallase o seu dominio colonial ao conxunto do globo.