Que Estados dominaban a escena internacional entre 1870 e 1914?
Entre 1870 e 1914 unha serie de Estados dominaban a escena internacional. Gran parte deles eran europeos e presentaban sistemas políticos variados. Algúns países (Francia, Gran Bretaña) protagonizaran cambios políticos nas décadas anteriores e asentaran o liberalismo, implantando novos dereitos e democratizando o sistema.
Noutros (Alemaña, Imperio austríaco) as reformas eran máis lentas, pero mentres en Alemaña se avanzaba na democratización do sistema político, aínda que mantendo o poder imperial, en Austria-Hungría eses cambios foron menos importantes e en Rusia case inexistentes.
Por último, fóra de Europa, nacións os os EUA e Xapón realizaron procesos internos que os levaron a converterse, no século XX, en grandes potencias.
Estados liberais

GRAN BRETAÑA

FRANCIA

ALEMAÑA
- Monarquía liberal parlamentaria: raíña Vitoria I.
- Ampliación do voto e democratización do sistema político británico.
- Ampliación dos dereitos sociais.
Sociedade vitoriana
- Expresión do orgullo da nación máis poderosa polo seu Imperio e a súa industria.
- Valores relixiosos, puritanos, tradicionais e conservadores.
- II Imperio (Luís Napoleón). Sistema político autoritario e política exterior agresiva.
- Derrota na guerra francoprusiana. Perda de Alsacia e Lorena. Proclamación da III República.
- República democrática: sufraxio universal masculino, separación de poderes, liberdade de opinión, etc.
- Escola obrigatoria e gratuíta, separación da Igrexa e do Estado.
- Problemas coa dereita conservadora e co movemento obreiro socialista.
- Sistema político entre o autoritarismo e o liberalismo: sufraxio masculino pero cun forte poder do emperador alemán.
- Leis sociais avanzadas.
- Gran potencial industrial con importantes empresas e apoio da banca e do Estado.
- Política nacionalista e expansionista moi agresiva coa pretensión de dominar Europa.
Imperios tradicionais

Autoritario:
AUSTRIA - HUNGRÍA

Autocrático:
IMPERIO RUSO
- Imperio dual. Reformas.
- Crecemento económico en Austria.
- Problema coas nacionalidades e aspiracións sobre os eslavos.
- Imperio inmenso e complexo.
- O imperio máis autoritario de Europa (autocracia tsarista).
- Enorme poder da nobreza. Mantemento da servidume ata o ano 1866.
- Inexistencia de sólidos grupos liberais e radicalización revolucionaria.
Potencias extraeuropeas

ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA

XAPÓN
- Construción dos EUA. Emigración europea.
- Expansión cara ao oeste. Destrución das tribos indias.
- Guerra civil: entre o norte industrial e antiescravista e o sur agrícola agrícola, exportador e escravista.
- Triunfo do modelo "ianqui". Industrialización e abolicionismo.
- Época Meixi.
- Modernización económica. Industrialización, intervención do Estado e formación de grandes grupos empresariais.
- Mantemento do sistema imperial con escasas reformas políticas.
