Película recomendada
Luis II de Baviera, o rei tolo (Luchino Visconti, 1972)

Luís II de Baviera, o rei tolo (Luchino Visconti, 1972).
En 1864, antes de cumprir os vinte anos, Ludwig de Wittelsbach ocupou o trono de Baviera. O mozo rei soñaba con traer a felicidade para o seu pobo.
Porén, por confiar nos seus conselleiros, levou Baviera a unha desastrosa guerra que a deixaría en mans de Bismarck. Ata os seus máis fieis colaboradores conspiraban contra el. Unicamente a súa curmá Isabel ("Sissi"), esposa do emperador de Austria, se mantivo ao seu lado.