A revolución rusa e a orixe do Estado soviético

A Revolución soviética de 1917 constituíu un dos acontecementos de maior trascendencia do século XX. O proceso revolucionario levouse a cabo en dúas fases ben diferenciadas. A primeira, en febreiro, supuxo a caída do tsarismo e a instauración dun réxime parlamentario.
A segunda revolución, en outubro, foi unha revolución obreira de carácter socialista. O resultado foi a creación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, a URSS, o primeiro Estado socialista do mundo, cuxa existencia se prolongou ata 1991.
- Un xigante con pés de lama.
- A revolución de febreiro de 1917.
- Por que houbo unha nova revolución en outubro?
- A guerra civil e o comunismo de guerra.
- A creación da URSS e a expansión revolucionaria.
- De Lenin a Stalin.
- Como conseguiron os bolxeviques instaurar o poder dos soviets?
