Un mundo bipolar

Entre 1945 e 1991, o mundo viviu unha longa época de tensións e enfrontamentos entre dous bloques antagónicos: o capitalista liderado polos Estados Unidos, e o comunista, liderado pola Unión Soviética. Como ambas as dúas potencias nunca chegaron a se enfrontar militarmente de forma directa, este período coñécese co nome de Guerra Fría.
- A formación de bloques antagónicos.
- Por que os antigos aliados se converteron en inimigos?
- Crises e conflitos armados durante a Guerra Fría.
- Por que perderon a guerra de Vietnam os Estados Unidos?
- A coexistencia pacífica.
- O equilibrio do terror na era atómica.
- En que consistiu a bipolarización do mundo?